INFO VI Ruta BTT 'do Requeson' | ACD Sanomedio
406
page-template-default,page,page-id-406,ajax_fade,page_not_loaded,boxed,,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.1.1,wpb-js-composer js-comp-ver-5.0.1,vc_responsive
 

INFO VI Ruta BTT ‘do Requeson’

ACD SANOMEDIO organiza un ano máis a súa RUTA BTT  que este ano pasa a denominanrse “do Requesón”, e xa van seis, que se celebrará en As Neves o vindeiro 2 de Abril a partires das 9:15 horas da mañá con saída no Pavillón Municipal.

A ruta ten dous percorridos  de dificultade media; un longo de 36 kilómetros e outro curto de 28 kilómetros. Dispomos de alternativas para os que non arrisquedes nas trialeras que temos preparadas.

Tamén temos preparada unha ruta de sendeirismo de 10 kilometros para todas as idades con avituallamento sólido e líquido. A ruta e guiada e dispon de seguro de Accidentes.

Despois de finalizar as probas podes participar no xantar social que xa acostumamos a facer :

MENÚ: 

  • Sopa
  • Cocido
  • Requesón e Mel
  • Bebidas

Prezo Ticket : 12 euros para maiores de 16 anos e 6 euros para menores de 16 anos

 

PREZOS de PARTICIPACIÓN

BTT

  • CICLISTA CON COMIDA: 18 euros (+10 se non ten licencia federativa, cumplindo a normativa da Federación Galega de Ciclismo)
  • CICLISTA SEN COMIDA: 6 euros (+10 se non ten licencia federativa, cumplindo a normativa da Federación Galega de Ciclismo)
  • ACOMPAÑANTE A COMER: 12 euros para maiores de 16 anos  e 6 euros para menores de 16 anos.

 

E obrigatorio facer o ingreso das cuotas antes do día 30 de marzo as 13:00h en calquera das seguintes contas:

ES48 0049 2459 65 2014702574 Banco Santander
ES44 0133 4281 1642 00002055 La Caixa

No concepto tedes que por: Nome Apelidos e DNI para identificar correctamente a nome de quén vai o ingreso . É obrigatorio facer o ingreso para poder participar.

Podes inscribirte aquí

SENDEIRISMO :

3€ por persoa (nenos gratis).  Págase o día da ruta pero e obrigatoria a inscripción previa neste link..

 

SERVIZOS

* Duchas.
* Lavado de bicis.
* ‘Coche escoba’.
* Ambulancia medicalizada.
* Avituallamento sólido e líquido.
* Asistencia en ruta.
* Dúbidas: organizacion@acdsanomedio.com ou teléfono 616992177

NORMAS da VI RUTA BTT ‘do Requesón’ 2017

1.- Ruta de carácter non competitivo para maiores de 16 anos con licencia federativa en vigor ou seguro do día.

2.- A inscripción ábrese o día 29 de Xaneiro e péchase o 29 de marzo. É obrigatorio pre-incribirse na web www.acdsanomedio.com e facer o ingreso nas contas sinaladas indicando no concepto obrigatoriamente Nome, Apelidos e DNI.

3.- A recollida de dorsais poderá facerse na tarde do sábado dia 1 de abril no Pavillón Municipal ou o día da marcha entre as 8 e as 9 horas no mesmo Pavillón das Neves. O día da Ruta será obrigatorio levar o dorsal nun lugar visible durante todo o percorrido. Quen non leve dorsal será expulsado da Ruta. A recollida do dorsal da dereito a un regalo conmemorativo da Ruta .

4.-A Ruta estará sinalizada con cintas, sinais verticais e frechas indicativas que deben ser respetadas en todo momento.

5.- A organización pon o servizo dos participantes avituallamento sólido e líquido así como ambulancia medicalizada, ó igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil de Accidentes (limitado), non facéncose responsable de ningún accidente nin gastos fóra desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.

6.- O emprego do casco é obrigatorio, en non levalo implica a retirada do dorsal e a expulsión da Ruta. A organización non se fai responsable dos accidentes, nos que pudiera ser causa a neglixencia dos participantes, así como, os danos que estes pudieran ocasionar durante a realización da Ruta.

7.- O percorrido da Ruta transcorre na práctica totalidade por camiños rurais e forestais do Concello de As Neves, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridades Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.

8.- Todos os participantes deben respectar o entorno por onde trascorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar o lixo en todo o percorrido a excepción das cubas de lixo situadas no punto de avituallamento e no incicio e fin de Ruta.

9- A Organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.

10.- O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.

Podes Inscribirte aquí

Un saúdo cordial. Grazas por participar.

 

Ahí vai un adianto: