VII Ruta BTT do Requesón 2018 | ACD Sanomedio
2534
paged,page-template,page-template-blog-chequered,page-template-blog-chequered-php,page,page-id-2534,paged-2,page-paged-2,ajax_fade,page_not_loaded,boxed,,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.1.1,wpb-js-composer js-comp-ver-5.0.1,vc_responsive
 

VII Ruta BTT do Requesón 2018

Cartel BTT resolución webACD SANOMEDIO organiza un ano máis a súa RUTA BTT a VII ruta BTT “O Requesón” no concello das Neveso vindeiro 25 de marzo de 2018 a partires das 9:15 horas da mañá con saída dende a Praza Maior do concello das Neves.

A ruta ten dous percorridos de dificultade media; un longo de 45 kilómetros e outro curto de 30 kilómetros. Dispomos de alternativas para os que non arrisquedes nas trialeras que temos preparadas.

INSCRICION : Para participar en esta ruta podes inscribirte no seguinte botón :

   

SENDEIRISMO :

Paralelamente a esta BTT terá lugar unha Ruta de SENDEIRISMO polos montes do Concello das Neves cunha distancia de 12 kilómetros e pensada para todas as idades. Dispón de avituallamento sólido e líquido e de Seguro de Accidentes.

Será obrigatorio a inscrición previa para a ruta de SENDERISMO a través deste enlace, ou mensaxe SMS ou WhatsApp aos teléfonos 616992177 ou 629270651. Tamén se pode facer mandando un correo electrónico á dirección: organización@acdsanomedio.com.  ACCESO AS INCRIPCIONS :

SERVIZOS da VI RUTA BTT ‘do Requesón’ 2018

* Duchas.
* Lavado de bicis.
* ‘Coche escoba’.
* Ambulancia medicalizada.
* Avituallamento sólido e líquido.
* Asistencia en ruta.

* Ó finalizar a proba habilitarase unha zona de asistencia fisioterapéutica da man de Equilibrio; Centro de Rehabilitación, Fisioterápia, Osteopatía e Biomecánica para os participantes que o precisen.

* Dúbidas: organizacion@acdsanomedio.com ou teléfono 616992177

NORMAS da VI RUTA BTT ‘do Requesón’ 2018

1.- Ruta de carácter non competitivo para maiores de 16 anos con licencia federativa en vigor ou seguro do día.

2.- A inscrición estará aberta ata o xoves 22 de marzo de 2018 ás 23:59 .E obrigatorio inscribirse na web : www.emesports.es e facer o correspondente pago seguindo as indicacións da súa plataforma de inscripcións. Podes Inscribirte aquí 

3.- A recollida de dorsais poderá facerse na tarde do sábado 24 de marzo de 2018 no Pavillón Municipal das Neves ou no día da marcha (25/03/18) entre as 8:00 e as 9:00 horas no mesmo Pavillón

4.-A Ruta estará sinalizada con cintas, sinais verticais e frechas indicativas que deben ser respetadas en todo momento.

5.- A organización pon o servizo dos participantes avituallamento sólido e líquido así como ambulancia medicalizada, ó igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil de Accidentes(limitado), non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fóra desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.

6.- O emprego do casco é obrigatorio, en non levalo implica a retirada do dorsal e a expulsión da Ruta. A organización non se fai responsable dos accidentes, nos que pudiera ser causa a neglixencia dos participantes, así como, os danos que estes pudieran ocasionar durante a realización da Ruta.

7.- O percorrido da Ruta transcorre na práctica totalidade por camiños rurais e forestais do Concello de As Neves, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridades Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.

8.- Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar o lixo en todo o percorrido a excepción das cubas de lixo situadas no punto de avituallamento e no inicio e fin de Ruta.

9- A Organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.

10.- O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.

Podes Inscribirte pinchando no seguinte Botón

Un saúdo cordial. Grazas por participar.

 

Podes descargar o cartel en JPG neste enlace : VII RUTA BTT “O REQUESÓN”

Podes descargar o cartel en PDF neste enlace : VII RUTA BTT ” O REQUESÓN”