
17 Ene V Ruta BTT ‘O Tropezón» 2016 en As Neves
Xa está aquí !!
A V edición da Ruta BTT ‘O Tropezón’ organizada pola ACD Sanomedio en As Neves.
Serán, nesta ocasión, 37 kilómetros de emoción por un circuito perfectamente estudiado e coidadosamente preparado con 7 trialeras espectaculares como en edicións anteriores. Haberá alternativas para os menos atrevidos ou experimentados.
A Ruta transcorre dentro dos límites do Concello das Neves no marco Condado-Paradanta con dificultade media.
Este año a saída será dende o Pabillón dos Deportes situado no recinto do Colexio Pazo da Merced.
Como cada ano organízase tamén unha Ruta de Sendeirismo para toda a gente que queira disfrutar da xornada e que non lle guste, ou non se atreva coa Ruta BTT. Está pensada para os acompañantes dos participantes en BTT e así poidan conciliar as duas actividades en familia e disfrutar dunha xornada festiva e deportiva en As Neves. Os prezos son moi asequibles e destinados á organización da marcha.
Como cada ano contamos con Ambulancia medicalizada, asistencia en ruta e Seguro de Responsabilidade Civil. Toda a información nesta páxina así coma os formularios para a inscripción.
Grazas por vir 😉