ACD Sanomedio | BTT | Sendeirismo
2534
page-template,page-template-blog-chequered,page-template-blog-chequered-php,page,page-id-2534,ajax_fade,page_not_loaded,boxed,,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.1.1,wpb-js-composer js-comp-ver-5.0.1,vc_responsive
 

IX Ruta BTT «Los 66 del Requesón»

Cartel provisional

A RUTA QUEDA APLAZADA ATA NOVO AVISO

ACD SANOMEDIO organiza un ano máis a súa RUTA BTT a IX ruta BTT “Los 66 del Requesón” no concello das Neves o vindeiro 15 de marzo de 2020 a partires das 9:00 horas da mañá con saída dende a Praza Maior do concello das Neves.

A ruta ten dous percorridos de dificultade media; un longo de 66 kilómetros e outro curto de 33 kilómetros. Dispomos de alternativas para os que non arrisquedes nas trialeras que temos preparadas.

INSCRICION : Para participar en esta ruta podes inscribirte no seguinte botón :

   

SENDEIRISMO :

Paralelamente a esta BTT terá lugar unha Ruta de SENDEIRISMO polos montes do Concello das Neves cunha distancia de 13 kilómetros e pensada para todas as idades. Dispón de avituallamento sólido e líquido e de Seguro de Accidentes.

Será obrigatorio a inscrición previa para a ruta de SENDERISMO a través deste enlace, ou mensaxe SMS ou WhatsApp aos teléfonos 616992177 ou 629270651. Tamén se pode facer mandando un correo electrónico á dirección: organización@acdsanomedio.com. Prezo de 5€

ACCESO AS INSCRIPCIONS :

SERVIZOS da IX RUTA BTT ‘Los 66 del Requesón’ 2020

* Duchas.
* Lavado de bicis.
* ‘Coche escoba’.
* Ambulancia medicalizada.

* Avituallamentos:

  • Un sólido + líquido
  • Dous liquidos + froita

* Asistencia en ruta.

* Ó finalizar a proba habilitarase unha zona de asistencia fisioterapéutica da man de Equilibrio; Centro de Rehabilitación, Fisioterápia, Osteopatía e Biomecánica para os participantes que o precisen.

* Ó término da proba haberá agardándovos un prato de pasta + requesón + viño de Rubiós

finisher los 66 del requeson

 

Todos os participantes levan Agasallo.

Para aqueles que completen os 66KM levaranse as medallas finisher.

 * Dúbidas: organizacion@acdsanomedio.com ou teléfono 616992177

 

 

 

 

 

REGULAMENTO:

IX RUTA BTT «LOS 66 DEL REQUESON»

Marcha ciclodeportiva en bicicleta de montaña

1.- A Asociación Cultural Deportiva Sanomedio organiza a IX Ruta BTT «LOS 66 DEL REQUESON no Concello de As Neves Provincia de Pontevedra – Marcha Ciclodeportiva  de bicicleta de montaña, que terá lugar o domingo 15 de Marzo de 2020, cun percorrido de 66 km. aprox., de dificultade técnia e física media. A mesma será de carácter non competitivo. A saída terá lugar ás 9:00 horas dende a Praza Maior de As Neves e a chegada establecese como límite as 16:00 na mesma praza.

2.- Poderán participar na ruta tódalas persoas que realizaran axeitadamente o proceso de inscrición e ten un custo de 10 euros.

3.- O prazo de inscrición finalizará o 12 de Marzo as 23:59 horas.

A inscripción dará dereito á participación na proba, e incluirá o avitualamento (solido e líquido), agasallo conmemorativo, participación en sorteos, servizo de lavado de bicicletas, servizo de taller, servizo de ambulancia, servizo de recollida no caso de avería, seguro R,C, e de Accidentes e duchas. Só serán considerados participantes, aqueles que realizaran a inscripción correctamente e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal será facilitado pola organización.

4.- A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 8:00 horas do domingo 24 de marzo en stands habilitados na Praza Maior de As Neves. A saida efectuarase ás 9:00 horas. A recollida de dorsais farase de xeito individual. Ó rematar a ruta os participantes entregarán o dorsal e entregaráselle un regalo conmemorativo.

5.- O emprego do casco é obrigatorio, en non levalo implica a retirada do dorsal e da ruta. A organización non se fai responsable dos accidentes, nos que pudiera ser causa a neglixencia dos participantes, asi como, os danos que estes pudieran ocasionar durante a realización da ruta.

6.- O percorrido da ruta transcorre na práctica totalidade por camiños rurais e forestais dos Concello de As Neves, Arbo e A Cañiza, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridades Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.

7.- Todos os participantes deben respectar o entorno por onde trascorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar o lixo en todo o percorrido a excepción dos contedores situados no punto de avituallamento e de inicio e final de ruta.

8.- En todo memento respectaranse e acataranse as ordes e directrices da organización.

9.- A organización contará con servizo de ambulancia a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil de de Accidentes (limitado), non facéncose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscrituos asumen e coñecen os riscos do BTT.

10.- A Organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.

11.- O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento

 

Podes Inscribirte premendo no seguinte Botón

Un saúdo cordial. Grazas por participar.